Unha presentación, un convite e a participación nun álbum colectivo son as últimas novas do prolífico David Rubín

Rubín múltiple

9/1/2007 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
O vindeiro sábado 13 ás seis e media da tarde David Rubín presenta no Café Cultural Auriense da Cidade das Burgas a súa última obra, "A tearía do oso malaio". Ademais, o autor está xa na lista de convidados á vindeiras Xornadas de Cómic de Avilés, previstas para o aínda afastado mes de setembro. Por se fose pouco, no blog Desdemimundo anúnciasenos a vindeira participación de Rubín no volume "Historias do Esquecemento", que editará en abril Dolmen dentro da serie Siurell. O álbum reúne historias curtas de varios autores con guión de Luciano Saracino e Javier de Isusi, que se unen a través dunha historia do propio Rubín. Finalmente, neste mesmo medio adiantan para o segundo semestre do ano unha futura participación de Rubín nesta colección.

Máis información no blog do autor, e no blog Desde mi Mundo sobre o programa de Avilés 2007 e sobre os proxectos de Rubín en Siurell

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con David Rubín, Guión, Cómic, Cidade das Burgas...

Claves

Protagonistas