Vigo acolle a vindeira presentación da última obra de David Rubín, que sofre unha adaptación radiofónica

Rubín en xira

Será o vindeiro sábado ás seis e media da tarde na libraría Banda Deseñada de Vigo. David Rubín presentará na Cidade Olívica a súa última obra en castelán, "A tearía do Oso Malaio" que publicou Astiberri. Ao tempo, no blog do autor sabemos que unha das historias deste volume saíu á luz na forma de dramatización radiofónica. Foi onte mesmo no programa "A Caraba" de Radio Voz.

Máis información no blog de Rubín sobre a presentación; sobre o programa de radio e no blog da libraría