Alberto Vázquez e David Rubín presentan novos traballos no eido da ilustración

Saíndo do cadriño

3/8/2007 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Son moitos os autores galegos que combinan a BD con obras no eido da ilustración. Desta volta chégannos novas de Alberto Vázquez e de David Rubín, que comparten galería virtual en Unitedfiction.es, onde tamén se poden atopar obras de David Pintor. Voltando a Vázquez, no seu blog atopamos tamén mostras da obra ilustrada que sobre Alexandre Bóveda fixo este autor para a asociación que leva o nome do galeguista. Pola banda de Rubín, tamén no seu blog podemos ver o cartel que fixo para o festival Noroeste Pop Rock que se celebra estes días na cidade da Coruña.

Web de Unitedfiction; obras de rubín para esta galería no blog do autor; o Alexandre Bóveda de Vázquez no seu blog; o cartel do Noroeste na bitácora de Rubín; ficha de Rubín ficha de Vázquez ficha de David Pintor

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Culturagalega, Alberto Vázquez, David Rubín, Alexandre Bóveda...