Rubín vende orixinais de Cuaderno de tormentas

Unha mostra destes traballos pode verse na Galería Pardo Bazán da Coruña

17/2/2009 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Os interesados en adquirir páxinas orixinais de Cuaderno de tormentas, última obra de David Rubín, teñen unha oportunidade na Coruña. A galería de arte Pardo Bazán acolle entre o 20 de febreiro e o 20 de marzo unha exposición na que se poden ver e adquirir varias das planchas desta obra. Tamén estarán á venda as ilustracións que o autor realizou para os carteis das diferentes presentacións, así coma reproducións limitadas e asinadas dalgunhas das páxinas expostas. Os asistentes á inauguración, o día vinte, poderán levar tamén exemplares asinados do libro.

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Galería, A Coruña, David Rubín, Galerías de arte

Claves

Protagonistas
Lugares