Neste ano do centenario do pasamento da escritora Emilia Pardo Bazán e co Congreso Internacional Emilia Pardo Bazán en su Centenario. Literatura y vida en los siglos XIX, XX y XXI comezando hoxe na Coruña da man da UDC en colaboración coa Xunta e Concello, a escritora está tamén de actualidade por outros motivos. Un deles é a estrea, tamén na Coruña, da nova obra de Contraproducións, Cigarreiras baseada no libro La Tribuna de Emilia Pardo Bazán. Candido Pazo adapta e dirixe unha proposta dramatúrxica con sete actrices en escena, que busca conxugar o ton propio dun drama individual e colectivo como La Tribuna, con outros máis frescos e lixeiros, incluso cómicos por momentos, tan caracterÃsticos da narrativa de Emilia Pardo Bazán. O texto preséntase como "un produto literario-dramático derivado pero independente" respecto á obra da escritora.
Tamara Canosa, Susana Dans, Merce Castro, Isabel Naveira, Covadonga Berdiñas, Ana Santos e Ledicia Sola protagonizan esta obra, que se estrea este venres 24 no teatro RosalÃa da Coruña. Na montaxe abórdanse ante unhas figuras (a de Pardo Bazán e a das cigarreiras), unhas situacións e unhas referencias históricas de marcado interese cultural. Figuras, situacións e referencias que dan pé a tratar temas totalmente vivos hoxe en dÃa: memoria colectiva, perspectiva de xénero, dialéctica de modelos sociais e polÃticos. Fai uns meses xa se presentara un documental e un espectáculo de danza arredor da historia das cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña e do xeito en que influÃron na obra de Emilia Pardo Bazán. Na trama argumental de Cigarreiras estamos ante a historia dunha relación socialmente imposible entre unha proletaria e un burgués, a obra tamén pode ser lida como unha testemuña da crise polÃtica que en 1868 levou á caÃda da dinastÃa borbónica e en 1873 á proclamación da Iª República.
Bolsa Pardo Bazán de literatura gastronómica
A escritora tamén dá nome á Iª Bolsa Emilia Pardo Bazán de Literatura Gastronómica en Residencia, da Residencia Literaria 1863, dirixida por Yolanda Castaño. A bolsa ten como finalidade o apoio, promoción e estÃmulo da creación literaria gastronómica, fornecendo os escritores e escritoras dun espazo, un tempo, un contexto e unhas condicións óptimas para a enteira dedicación ao propio proxecto. A Bolsa Emilia Pardo Bazán de Literatura Gastronómica en Residencia vai dirixida a autores ou autoras cun proxecto de literatura gastronómica en lingua castelá. A persoa á que se conceda esta bolsa, gozará dela ao longo do mes de febreiro de 2022. Contará asà co aloxamento na Residencia Literaria 1863, un apartamento do século XIX en pleno casco histórico coruñés, con vistas á dársena e todas as comodidades, onde todo favorece a concentración no traballo. Ao gañador ou gañadora cubriráselle aÃnda a viaxe dende o seu punto de orixe en España, mais unhas dietas para gastos básicos.