Sae á rúa o Cuaderno de Tormentas de David Rubín

O autor presentará o volume en Expocómic

18/11/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

A medio camiño entre a ilustración e a banda deseñada, xa está listo Cuaderno de Tormentas, o último traballo de David Rubín. O volume, editado por Planeta, conta con 112 páxinas e un prólogo a cargo de Max, e sairá á venda por 12,95 euros. O ourensán achegarase á vindeira edición de Expocómic, en Madrid, o vindeiro día 30 de novembro para presentar e asinar exemplares desta obra. Será entre as catro e as sete da tarde, no posto da editorial Planeta.

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con David Rubín, Banda deseñada, Madrid, Ourense

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares