Preséntase El héroe 2 de David Rubín

Madrid acolle a presentación oficial o vindeiro 29 de novembro

26/11/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
34 lecturas | Compartido 0 veces

Capa de El heroe 2

David Rubín finaliza a súa obra El héroe co lanzamento, este mes de decembro do segundo volume da súa monumental novela gráfica. O volume, de 288 páxinas a cor, sae á venda da man de Astiberri a un prezo de 25 euros, e presentarase de xeito oficial o vineiro 29 de novembro na libraría Generación X de Madrid. O 30 o autor visitará o salón Expocómic e o 1 de decembro presentará a obra no Café Molar. O xornal El Mundo publica hoxe unha entrevista co autor na que adianta que o seu vindeiro traballo, con guionista, no xénero de espada e bruxaría.

Universo culturagalega.gal

Universos

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos
Lugares