Agasallar orixinais de BD

Autores galegos poñen á venda páxinas orixinais dos seus traballos

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Orixinal de Jacobo Fernández á venda

Orixinal de Jacobo Fernández á venda

A venda de páxinas orixinais de creadores de banda deseñada galega está nos últimos meses a gañar espazos e preséntase como unha opción para agasallar en Nadal. Así, neste mesmo mes de decembro, a galería 9art de París acollía unha exposición de venda de páxinas orixinais de Tirso Cons. O responsable deste espazo, ademais actuará como marchante das pezas do autor pontevedrés. Máis preto de nós, Jacobo Fernández puxo en marcha recentemente unha páxina na que pon á venda ilustracións e páxinas dos seus diferentes traballos.

Este autores súmanse así a creadores como Martín Romero ou Alberto Vázquez, con material á venda no web Vidas dibujadas. Canda a eles, tamén David Rubín, Xurxo G. Penalta e David Pintor teñen á venda o material que expoñen na mostra Docealcuadrado, aberta na coruña ata o vindeiro 12 de xaneiro.

Que che parece esta nova?
82 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Jacobo Fernández, Banda deseñada, Galería, Nadal...