Compostela acolle unha exposición antolóxica de Miguelanxo Prado

Repasa trinta anos de carreira mediante cincuenta ilustracións orixinais

| Santiago. Redacción | Seccións: ArteExposicións
Compartir:
Compostela acolle unha exposición antolóxica de Miguelanxo Prado

Mar interior é o título da exposición que o Museo das Peregrinacións, na compostelá Praza das Praterías, acolle desde o pasado día 25. Un total de medio centor de ilustracións e páxinas orixinais de banda deseñada deste recoñecido autor repasan os seus máis de trinta anos de carreira atendendo tanto ao traballo na novena arte como a carteis, ilustracións para literatura infantil e xuvenil e outros proxectos. A iniciativa,coordinada por El Patito Editorial, poderá verse ata o vindeiro 31 de decembro e coincide no mesmo lugar coa mostra Santiago, ciudad ilustrada, exposición que repasa a presenza da cidade na BD e na ilustración da man de 60 traballos de diferentes autores.

Que che parece esta nova?
88 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Miguelanxo Prado, Banda deseñada, Literatura, El Patito Editorial...