O Museo de Pontevedra amosa o Mar interior de Miguelanxo Prado

A exposición compila cen orixinais do autor máis recoñecido da banda deseñada galega

| Santiago. Redacción | Seccións: ArteExposicións
Compartir:
O Museo de Pontevedra amosa o Mar interior de Miguelanxo Prado

Compilar trinta e seis anos de traballo nos máis diversos ámbitor da ilustración, a animación e a banda deseñada. Este é o obxectivo da exposición Mar interior, que abre hoxe as súas portas no Sexto Edificio do Museo de Pontevedra e que repasa a carreira de Miguelanxo Prado. A través de salas temáticas, centradas respectivamente no mar, a banda deseñada, a ilustración, o debuxo de lugares e paisaxes e a a animación, os visitantes poderán repasar un total de cen traballos orixinais deste autor. Na presentación do proxecto, que comisaría Fausto Isorna, Prado destacou o recoñecemento que supón para a novena arte do país contar cunha mostra desta magnitude no museo provincial. A exposición permanecerá aberta ata o vindeiro 29 de xaneiro, e supón unha versión ampliada do proxecto do mesmo título que se puido ver no Museo das Peregrinación de Santiago no inverno de 2014. Daquela, a exposición amosaba unicamente 59 pezas orixinais.

Que che parece esta nova?
80 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Banda deseñada, Miguelanxo Prado, Museo de Pontevedra, Animación...