O Museo de Pontevedra acolle unha exposición sobre a BD en España

Do cómic á novela gráfica poderá verse ata o vindeiro 20 de xullo

| Santiago. Redacción | Seccións: ArteExposicións
Compartir:
O Museo de Pontevedra acolle unha exposición sobre a BD en España

A partir do vindeiro 20 de xuño o sexto edificio do Museo de Pontevedra acolle a exposición Do cómic á novela gráfica. A banda deseñada en España no século XXI. O crítico e investigador Octavio Beares comisaria este proxecto que pretende analizar a evoluciónn da banda deseñada a nivel estatal nos últimos anos. O proxecto permitirá ver páxinas orixinais, bosquexos, material a cor e obras completas de Miguelanxo Prado, David Rubín, José Domingo, Santiago García, Max, Santiago Valenzuela, Paco Roca, Alfonso Zapico, Antonio Altarriba e Kim. Beares destacou que aproximadamente un terzo dos autores presentes no proxecto son galegos. A exposición permanecerá aberta ata o vindeiro 20 de xullo.

Que che parece esta nova?
79 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Museo de Pontevedra, Cómic, Banda deseñada, Miguelanxo Prado...

Claves

Lugares