A BD chega ao Museo de Pontevedra

Os Primeiros encontros coa banda deseñada celébranse entre o 27 e o 29 de novembro

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:

O cómic no museo. Primeiros encontros coa banda deseñada é o título da iniciativa que, por vez primeira, levará a novena arte ao Museo de Pontevedra. O encontro, que foi coordinado polo crítico Octavio Beares celebrarase entre o 27 e o 29 de novembro. O programa comprende encontros con Kiko da Silva, que falará sobre A banda deseñada, a arte ignorada polo mundo da arte, David Rubín, que abordará o tema Viñetas sen medo; ou como adicarse ó cómic dende Galicia e non morrer no intento, e Pepo Pérez, que analizará Del tebeo a la novela gráfica: dos décadas de cómic en España (1990-2012).

Que che parece esta nova?
79 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Banda deseñada, Cómic, Museo de Pontevedra, David Rubín...

Claves

Lugares