O Consello da Cultura organiza unha xornada sobre BD

Arte + narrativa gráfica celébrase o vindeiro 24 de novembro

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Cartel de Arte + narrativa gráfica

Cartel de Arte + narrativa gráfica

A Sección de Creación e Artes Visuais Contemporáneas do Consello da Cultura organiza para o vindeiro 24 de novembro a xornada Arte + narrativa gráfica. Coordinado por Miguelanxo Prado e María Luísa Sobrino, o evento contará coa presenza do director do Centro de Arte Contemporánea da Universidade de Granada, Ricardo Anguita, que falará sobre O cómic na cultura visual contemporánea. Canda a el, o guionista Antonio Altarriba, Premio Nacional de Cómic explicará as peculiaridades da narración na novena arte e Juanjo Guarnido, Premio Eisner ao mellor debuxante, falará sobre A unicidade na linguaxe expresiva da historieta. Finalmente Gemma Sesar, directora de El Patito Editorial fará un repaso á evolución da banda deseñada galega.

Que che parece esta nova?
69 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Narrativa, Cómic, Miguelanxo Prado, Artes Visuais...