Unha xornada analiza como a arte se enfronta ante a crise social

A cita, organizada pola Sección de Creación e Artes Visuais Contemporáneas

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Ante esa situación de crise social, política e financeira ¿cal é o rol que ha de desempeñar a arte?. Non pode ser só un refuxio estético, nin un acicate, nin unha descrición da realidade. Na era do capitalismo global, a arte como movemento, estratexia e táctica, como metodoloxía e pedagoxía pode desempeñar un papel importante e necesario: sensibilizando, visibilizando problemas, construíndo narrativas visuais ao tempo que xerando novos imaxinarios culturais. E sobre isto é do que se falará na xornada Arte e crise social que organiza a Sección de Creación e Artes Visuais Contemporáneas do Consello da Cultura Galega o venres 15. Nomes coñecidos para a arte contemporánea como Teresa M. Vilarós-Soler, Manuel Figueiras ou Miguel Mosquera ofrecerán os seus puntos de vista, nun formado de conversa con outros profesionais como Federico Lopez Silvestre ou Natalia Poncela.

Que che parece esta nova?
57 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Artes Visuais, Consello da Cultura Galega

Claves

Conceptos