Unha xornada no CCG estuda a situación dos espazos artísticos en Galicia

Pódese seguir en directo a través do web do CCG

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Este martes 11 de decembro expertos en arte contemporánea e artistas reflexionan ao redor das transformacións do sector da arte contemporánea no país. O encontro, segundo a organización, está motivado por dúas situacións: "a desaparición e o cambio de rumbo dalgunhas institucións claves na modernización da arte contemporánea na Galicia das últimas décadas e os efectos da crise económica que están a condicionar a xestión, a programación e a calidade destes espazos". Nas mesas redondas participan desde artistas como Mónica Alonso, Antón Patiño o Manuel Vilariño, museólogas como Aurora Balseiro e docentes como Silvia Garcíea. A cita está coordinada por Ramón Rozas, Sofía Santos Pérez e Rosario Sarmiento e organizada pola Sección de Creación e Artes Visuais Contemporáneas do Consello da Cultura Galega.

Que che parece esta nova?
78 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ramón Rozas, Antón Patiño, Manuel Vilariño, Rosario Sarmiento...