
Pola súa banda, Miguelanxo Prado, coordinador do evento canda a MarÃa LuÃsa Sobrino, considerou no acto que lle parece “xenial que o Consello da Cultura galega abra un espazo a esta linguaxe creativa” e apuntou que a banda deseñada é aÃnda un espazo baleiro no mundo da cultura “que imos tardar moito en encher”. Nese sentido sinalou que “nos últimos vinte anos en Galicia foise producindo un agromar continuado e cada vez máis potenciado de creadores e creadoras pero non houbo unha reacción en paralelo por parte dos estamentos crÃticos e de estudo”, e reivindicou o cómic como única linguaxe artÃstica que deu o século XX canda ao cinema. “Neste altura non se pode entender unha cultura sen facer referencias ao cinema e mais ao cómic”.
A xornada, que cubriu todas as prazas dispoñibles, contará con intervencións de recoñecidos nomes do sector da banda deseñada estatal e internacional, como son Juanjo Guarnido, Antonio Altarriba ou Ricardo Anguita.