Obras longas e ambiciosas, cun certo carácter experimental, marcan dous lanzamentos simultáneos de autores galegos de banda deseñada este outono, un total de 440 páxinas de historias que se prestan a ler demoradamente. Aventuras de un oficinista japonés, de José Domingo e Las fabulosas crónicas del ratón taciturno, de MartÃn Romero, preséntanse como dúas das novidades destacadas que achegan autores galegos ao panorama da BD estatal deste outono. Adiamástoche uns traballos que de certo han dar que falar cunha ampla galerÃa.
No caso de José Domingo, achéganos da man de Bang! Ediciones un total de 120 páxinas sen textos en capa dura e a toda cor, cheas de humor e de situacións surrealistas. Segundo adianta o propio web da editora, neste traballo pódense atopar “ ¡Cans voadores! ¡Yakuzas! ¡Sushi xigante! ¡Amistosos animais do bosque! ¡Familias canÃbais!” entre moitos outros elementos. O volume está de promoción prevenda a través do web da editora a 17 euros ata o vindeiro 12 de decembro, data oficial na que sairá á venda por 22 euros. A obra publÃcase de xeito paralelo para España e Francia.
Romero, pola súa banda, publica finalmente a longa historia, de 320 páxinas, coa que gañou a bolsa Alhóndiga Bilbao e que desenvolveu en boa medida durante a súa estanza na Maison des Autours de Angoulême, Francia . O seu proxecto, a branco e negro, sae coeditado por Apa-Apa Cómics e Sinsentido cun prezo de 23,75 euros. No mesmo, o autor liga diferentes historias curtas xa publicadas en fanzines con abondoso material inédito e narra a viaxe iniciática dun rapaz que se traslada a unha zona rural logo do divorcio dos seus pais.

GalerÃa: Lanzamentos de BD do outono de 2011
Páxina de Las fabulosas crónicas del ratón taciturno de MartÃn Romero. Fonte: Apa-Apa
Páxina de Las fabulosas crónicas del ratón taciturno de MartÃn Romero.
Fonte: Apa-Apa

Fonte de Apa-Apa