Autores galegos de BD visitan Angoulême

David Rubín, Miguelanxo Prado ou José Domingo presentarán os seus últimos traballos

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Cartel do 40 festival de Angoulême

Cartel do 40 festival de Angoulême

Os creadores galegos de banda deseñada visitan o Salón Internacional de Angoulême non para fechar proxectos, senón para presentar os seus últimos traballos editados internacionalmente. David Rubín asinará exemplares do primeiro volume de El héroe, editado recentemente en Francia, ao igual que Martin Romero, convidado pola editora Atrabile. As editoras destes autores aproveitarán o evento para xestionar novas traducións das súas obras. Tamén estarán presentes no evento El Patito Editorial, dentro da representación da Editores de Cómic de España e mais Kiko da Silva, que pretende negociar visitar de autores á escola O Garaxe Hermético. O evento, que comezou onte, desenvolverase ata o vindeiro 3 de febreiro.

Que che parece esta nova?
66 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Angoulême, David Rubín, Miguelanxo Prado, Kiko da Silva...