Astiberri publicará o Pretty Deadly de Emma Ríos

Fernández e Poi publican Matador en italia e Os Bravú presentan Toreromaus

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Astiberri publicará o Pretty Deadly de Emma Ríos

A serie coa que Emma Ríos acadou a súa nominación aos premios Eisner, Pretty Deadly, publicada en Estados Unidos por Image, sairá en castelán da man da editora Astiberri. A publicación, segundo confirmou a propia autora, verá a luz o vindeiro outono nunha edición cargada de extras. Pola súa banda, Manolo López Poy e Miguel Fernández teñen xa nas librarías italianas a edición nesta lingua de A las cinco de la tarde, traducido como Matador e publicado por Diábolo Edizioni.

Finalmente, o dúo Os Bravú (Dea Gómez e Diego Omil) presenta da man da editora Fulgencio Pimentel Toreromaus. A libraría compostelá Kómic acolle este venres 27 de xuño unha sesión de sinatura nas que os autores darán a coñecer o novo traballo, un volume de 32 páxinas en branco e negro que está dispoñible nunha edición limitada de 250 exemplares.

Que che parece esta nova?
93 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Emma Ríos, Astiberri, Italia, Bravú...

Claves

Entidades
Conceptos