Novos proxectos galegos de BD chegan a Estados Unidos

David Rubín anuncia The Fiction e Fran Bueno completa Graveyard Shift

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Novos proxectos galegos de BD chegan a Estados Unidos

As colaboracións de autores de banda deseñada galega con editoras estadounidenses comezan a aparecer como algo xa habitual. Así, David Rubín anunciou recentemente a posta en marcha dun novo proxecto, a serie The Fiction que sairá en xuño con guión de Curt Pires en Boom! Studios. O proxecto, de catro números, presenta unha historia na que ficción e realidade se mesturan. En paralelo, o Ourensán está a rematar Fall Of The House Of West, con guión de Paul Pope e J.T. Petty, que sariá en outubro da man de First Second. Ademais, os seus traballos Beowulf , con guión de Santiago García e mais El héroe, verán a luz tamén en Estados Unidos publicados por Image Comics e Dark Horse respectivamente.

Image é tamén a responsable da edición americana de Graveyard Shift, que Fran Bueno rematou recentemente. O proxecto, con guión de Jay Faerber, concluía o pasado un de abril co lanzamento do seu cuarto volume. A serie fora publicada no noso país por capítulos na extinta revista Galimatías.

Que che parece esta nova?
93 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Guión, Estados Unidos, David Rubín, Fran Bueno...

Claves

Protagonistas