Creadores galegos de BD suman novos lanzamentos internacionais

David Rubín, Tirso Cons, ACO e Jordi Pérez asinan as súas últimas producións en Estados Unidos e Europa

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Capa de ACO para American Ronin

Capa de ACO para American Ronin

Continúan as edicións de autores galegos de banda deseñada fóra das nosas fronteiras. O ourensán David Rubín acaba de tirar en Estados Unidos a tradución do Gran Hotel Abismo que realizou sobre guión de Marcos Prior e que ve a luz da man de Boom! Studios. Ademais, foi o escolleito para asinar un número especial da serie Black Hammer que a editorial Dark Horse distribuíu con ocasión do Día do Cómic Gratis, e continúa co seu traballo na serie Rumble, da que acaba de ver a luz o número doce sobre guións de John Arcudi para Image.

Tamén en Estados Unidos, Álex Cal ACO anuncia o vindeiro lanzamento na nova editora AWA da serie American Ronin que asina canda ao guionista Peter Milligan e no que tamén participa outro galego, David Lorenzo Riveiro. Desde Ourense, Jordi Pérez acaba de publicar a segunda entrega das cinco previstas da serie Queen of bad dreams con Vault Cómics, e para o vindeiro mes de xuño está previsto o lanzamento do terceiro número da serie Xena para Dynamite. En paralelo, o debuxante continúa con proxectos como Ret:con para 133art.

Pola súa banda, o pontevedrés Tirso Cons acaba de presentar no mercado francés o segundo volume da serie Traqueurs da man da editora Glénat. Co título de L'Héritage de sang, a obra continúa esta serie de piratas con guións de David Muñoz.

Que che parece esta nova?
75 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con David Rubín, Estados Unidos, Guión, Europa...