A editora BOOM! Studios publicará en Estados Unidos a novela gráfica Gran Hotel Abismo, con debuxo do ourensán David Rubín sobre guión de Marcos Prior. O volume, publicado de xeito orixinal en España por Astiberri narra a loita social nun futuro distópico e verá a luz o vindeiro mes de maio de 2019. En paralelo, o galego continúa a súa colaboración na serie Rumble con John Arcudi, que verá o vindeiro mes de febreiro o quinto volume da súa edición compilada. Image publica a obra, que recolle os números 6 a 10 da serie regular americana e inclúe ademais ilustracións sobre a mesma nas que colaboran diferentes creadores do país como Xurxo G. Penal ou Kike J. Díaz.
Pola súa banda, o vigués Álex Cal ACO continúa a súa carreira en Estados Unidos con novas colaboracións coa editorial DC. En concreto, desde o pasado verán, o galego realizou os debuxos para os números 52 e 53 da serie Wonder Woman e viu o seu traballo no compilatorio Wonder Woman Vol.5 Flesh, que foi xa publicado en Español por ECC Cómics.