The Soul Jacket presenta 'VOL.III' o seu traballo máis sureño

A banda presenta o formato físico e inicia xira este venres en Vigo

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Capa do disco

Capa do disco

The Soul Jacket VOL. III o novo traballo da banda viguesa xa está dispoñible en formatos dixitais e esta semana preséntase en concerto coincidindo coa súa saída en formato CD digipack e nunha edición limitada en vinilo. Once temas tras unha enigmática portada sen título nin referencia,cantados en inglés e gravados en directo nos estudios Guitar Town en Cantabria coa asistencia de Hendrik Rover como nos anteriores dous traballo da banda. O álbum foi masterizado nos estudios Golden Mastering de California. Neste VOL. III a banda achégase máis aos sons sureños do folk e blues americanos psicodelia e country rock, máis afastados de outras influencias funk que estaban presentes nos traballos anteriores. Á saída á venta do disco físico será o venres 17 de marzo en Discos Elepé e esa mesma noite comeza a xira de presentación en La Iguana Club onde estarán dúas noites tras das que irán facer un concerto en Londres. Será a finais de abril, o 28, cando volverán a estar en terras galegas actuando en Lugo, A Coruña, Santiago, Ferrol e Ourense presentando este novo traballo.

Que che parece esta nova?
84 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vigo, Blues, Folk, Rock...