Cando fan unha década de traballo, un lustro despois do seu primeiro disco, e logo dunha separación de dous anos, os coruñeses Loretta Martin voltan á carga. Brais Morán e Fran Sanz contan con Miguel Cabana como novo baterÃa, e acaban de tirar á luz Despois da Mandinga. O disco afonda no ritmo funk propio do grupo achegándose a estilos como a samba ou o pop. Gravado nos estudios Abrigueiro da Coruña, o álbum achega seis temas que prometen animar este verán.
“Seguimos a dirección do primeiro traballo” sinala Sanz, baixista do grupo. “Avanzamos cara a un son máis sintético, espontáneo e natural”. De entre os temas destaca o tema de presentación, Saio só, que segundo el “representa perfectamente o traballo do grupo, cun refrán funky clásico e unha introdución na que se mestura a samba”. No estremo oposto, apunta o último corte do álbum Quen, que, segundo el “vai sorprender a moitos porque supón un achegamento ao pop e ao indie, con guitarras distorsionadas “. Tamén resulta sorprendente a aposta por un sotaque brasileiro para o tema de presentación, o que, segundo o baixista “resulta unha cuestión bastante natural para nós, xa que unha das nosas maiores influencias é a música brasileira de hoxe en dÃa. AÃnda que a maior parte do que cantamos está en galego, metemos cousas en portugués, español ou inglés polo medio. Empregamos a lingua como un instrumento máis, melódico e sonoro”.
Segundo explica Sanz, a demora neste lanzamento obedece “a que estivemos separados entre 2008 e 2010, e logo de gravar o disco aÃnda pasou máis dun ano ata que o puidemos editar”, apunta. Impagos ao grupo por diferentes actuacións impedÃronlles contar cos fondos necesarios para tirar antes á luz o proxecto. Logo das presentacións na Coruña e en Compostela, comeza agora unha xira de presentación que levará Despois da Mandinga por Lugo, Melide, VilagarcÃa, Ourense ou Vigo a partir da segunda quincena de abril.