Telephones Rouges lanzan o seu primeiro disco

Disenso está dispoñible en Bandcamp e sae á venda o 5 de novembro

16/10/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Disenso Telephones Rouges

Xa se pode escoitar íntegro Disenso o primeiro disco da banda Telephones Rouges, en Bandcamp. Once temas de rock escuro con fortes toques de punk que manteñen o estilo cheo de enerxía que xa deron a coñecer nos seus directos e mais en colectáneas como Galician Bizarre. O disco sairá a venda en formato vinilo o vindeiro 5 de novembro da man de Mama Vynila Records e Matapadre, e estará dispoñible para libre descarga a partir da mesma data. O grupo gravou este traballo nos estudios A Ponte, e mesturouno en Círculo Polar Estudio.

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rock

Claves

Conceptos