Mi Perro Vincent lanza o seu primeiro disco

O grupo de punk-rock de Vilalba debuta cun proxecto autoeditado

4/8/2014 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: música
4 lecturas | Compartido 0 veces

Punk-rock clásico, con claras influencias de Los Ramones, The Queers ou Los Nikis é a base coa que traballa Mi Perro Vincent. O grupo de Vilalba publica agora o seu propio nome o primeiro LP autoeditado. Quince temas enérxicos, como El ataque del gafapasta de 50 pies, El último punk, El surf no es para mi ou Méteo no cú, a primeira canción en galego do grupo. Gravado en Estudios Primarios, o álbum está a venda por 5 euros en formato digipack e dispoñible tamén en BandCamp.

Universo culturagalega.gal

Contextos

Claves

Conceptos
Lugares