Cando están a facer catro anos de existencia, os gondomareños Millo presentan o seu primeiro álbum. Millo achega dez temas, todos orixinais agás unha versión dunha muiñeira. Punk-rock, reggae, ská e acompañamentos de gaita e frauta atópanse nun traballo no que o humor acedo e o ritmo son constantes. Temas como Galiza Ceibe, Curriculum ou Grande e poderoso amosan o incisivo ollar do quinteto. O álbum, autoeditado, gravouse entre Breaker Studios e XÃlgaro Estudios. A xira de presentación levará o grupo a Allariz (4 de marzo), O Porriño (5 de marzo), Barrantes (12 de marzo) e Pontevedra (19).