Liska! debuta con Sonhos de raiva

Dez temas de denuncia social e moito ritmo compoñen o primeiro traballo do grupo

6/8/2013 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: música
4 lecturas | Compartido 0 veces

Sonhos de raiva

Nado aínda en 2011, o grupo Liska! lanza o seu primeiro CD. Sonhos de raiva achega dez temas de denuncia social a ritmo de ská, reggae e punk, entre eles unha cantiga de 1972. Os once membros que participan na banda garanten un son potente e cheo de matices, cunha potente base de metais. O volume, autoeditado gravouse en Muu! Estúdios e e foi producido polos estudios e mais por Liska! produçons.

Universo culturagalega.gal

Contextos

Claves