O grupo UN denuncia a situación social en Estado de shock

O proxecto anónimo presenta un CD con dez temas

13/11/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

UN é o proxecto dun músico anónimo que se sumou en 2011 a outros cinco, asimesmo descoñecidos. Agora, a iniciativa presenta Estado de shock, un CD no que recollen dez temas nos que denuncian diferentes aspectos do sistema capitalista e da crise financeira que estamos a vivir. Temas como Evasión, o seu primeiro single, Banqueiro indultado ou Flechazo na cola do paro amosan a liña do grupo, que centra as súas composicións na denuncia social e nas relacións persoais. O disco, autoeditado, xa está á venda, e os responsables do proxecto anuncian vindeiras actuacións ao vivo nas que se coñecerá a identidade dos seus compoñentes.

Que che parece esta nova?
25 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Identidade

Claves

Conceptos