Isi Vaamonde Band lanza o seu primeiro disco

Live in heartland achega 12 temas na liña folk-rock característica do músico

| Santiago. Redacción | Seccións: Mega
Compartir:
Capa de Live in Heartland

Capa de Live in Heartland

Engadindo un Band ao seu nome, o músico cambadés afincado en Madrid Isi Vaamonde presenta o seu primeiro disco, Live in heartland. A obra gravouse nos estudios Abrigueiro de Guimarei coa banda a tocar ao vivo e foi autoproducido polo galego. Na liña dos seus anteriores EPs, Vaamonde mantén a súa aposta polo folk-rock americano con letras en inglés, e achega 12 temas habituais do seu repertorio, mesturando composicións orixinais con dúas versións de David Bowie (Heroes) e mais Inmaculate Fools (Wish you were here). Canda a Vaamonde, participan no proxecto Jesús Parra, Edu Pulpillo, Gonzalo Peñalosa, Jaime Caro e Volker Ledwig. A obra, autoeditada, está á venda por dez euros.

Que che parece esta nova?
63 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Folk, Rock, EPs, Madrid

Claves

Conceptos
Lugares