A Compañía do Ruído presenta Pensares galegos

A presentación farase na Ría de Arousa, a bordo dun catamarán o vindeiro día 23

12/3/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Un percorrido en catamarán pola Ría de Arousa serviralle á Compañia do Ruído para presentar Pensares galegos, o seu sexto disco. O CD, para o que o grupo obtivo fondos mediante crowdfunding, achega nove novos temas que se completan con versións de grupos como Zënzar,os Diplomáticos de Montealto, os JJJ ou temas antigos do propio gurpo ata comletar 14 cortes. Como sempre, a banda continúa coa súa mestura de estilos que van do folk ao rock folk ao rock, pasando polo ska, o punk ou o reggae. Está aberta a venda de entradas para a presentación do disco, que por 30 euros inclúe xantar, unha copia do CD e actuacións de Leo e Arremecajoná, Cé Orquestra Pantasma, La Magnifique Bande, De Botero a Bo Derek(Paulova e Manu Mimé), A Rebanda Ribeira e os propios A Compañía Do Ruído. O disco gravouse no estudio “La Casita” (Riveira), a mesturouse no estudio “A Ponte” (Bertamiráns)

Que che parece esta nova?
64 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

18/07/2013

Chega Chotokoeu

O grupo lanza o seu primeiro disco con 16 temas

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Arousa, Ría de Arousa, Folk, Rock...

Claves

Conceptos