Esquíos retornan con Estamos aquí

O grupo presenta nova formación nun traballo gravado ao vivo

29/4/2014 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Logo do falecemento o pasado ano de Moro, o seu vocalista, Esquíos voltan neste 2014 cun novo proxecto e cambios na formación. Estamos aquí é un traballo gravado ao vivo nos estudios da Radio Galega con nove temas propios e unha versión en galego de Dead Kennedys que estará dispoñible en maio. Polo momento, o grupo deu a coñecer xa dous temas de rock con toques de ska e anunciarán en breve as datas da xira de presentación.

Que che parece esta nova?
28 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rock, Radio Galega, Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia (CSAG)