Morre Miguel Ángel Castro, o cantante do grupo de punk rock Esquíos

Estaba na promoción do seu último traballo Porcocán

26/6/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Fonte : Facebook Esquíos

O grupo de punk rock garage Esquíos tiñan previsto onte un concerto para iniciar as festas do San Paio na Estrada, pero non puideron actuar. O seu vocalista, Miguel Ángel Castro Fernández, popularmente coñecido como “Moro” finaba a causa dun derrame cando tiña 32 anos. A formación estaba inmersa na promoción do seu último traballo Porcocán que presentaron o pasado 25 de maio.

Porcocán era o sexto disco do grupo, o segundo deste ano, xa que en xaneiro presentaron Esquíos ao vivo!, que editaba un concertó ofrecido na Sala Capitol en 2010. Porcocan mantiña o ton punk-rock do grupo en 12 temas que gravaron nos estudios Abrigueiro.

Que che parece esta nova?
28 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Para saber máis
Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rock, Sala Capitol

Claves

Entidades
Conceptos