Samesugas reivindican o seu punk-rock con White Fire

É o cuarto álbum de estudio da banda compostelá en 25 anos de carreira

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Samesugas reivindican o seu punk-rock con White Fire

Catorce anos pasaron desde o seu último LP e levan xa 25 na estrada, pero Samesugas non baixa o ritmo. A veterana banda de Compostela continúa con White Fire a súa reivindicación dun punk rock que borda o garage. Temas con carácter apocalíptico, guitarras ben altas e ritmos sen concesións amósanse con toda a súa crueza en temas como Last night on earth, Justify, Hard to pretend ou Garden.

Cando a banda reduce algo as pulsacións aparecen aires grunge, como en It´s Over ou a White fire que titula o álbum, sen que a raiba que impulsa o conxunto do álbum desapareza. Os nove temas propios complétanse cunha versión de Messenger, de Wiper. Gravado nos Bonham Studios da Coruña, o álbum sae da man de Lixo Urbano.
Logo da estrea o pasado 31 de maio en Santiago de Compostela, Samesugas continúa a xira de presentacións por diferentes localidades do país.

Que che parece esta nova?
213 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rock, Santiago de Compostela

Claves

Conceptos