Esquíos publica para libre descarga Porcocan

O grupo quere homenaxear así o seu vocalista, que faleceu recentemente

24/7/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

O grupo de punk-rock Esquíos acaba de publicar no seu web unha ligazón para descargar de balde Porcocán, o seu último traballo. Con esta acción, o conxunto pretende homenaxear a Miguel Ángel Castro, o seu vocalista, que faleceu a finais do pasado mes de xuño en plena xira de promoción deste traballo. Segundo explican no web, aínda que non tiñan pensado pór o volume en libre descarga "o que máis queremos é que o traballazo que fixo Moro no mesmo chegue a máxima xente posible".

Que che parece esta nova?
63 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rock

Claves

Conceptos