Esquíos presenta un disco ao vivo

Recolle un concerto que a banda dera en 2010 na Sala Capitol

11/1/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Capa de Esquíos ao vivo (Capitol

O primeiro disco de Esquíos ao vivo está xa dispoñible para descarga na rede. Esquíos ao vivo!(Capitol) recolle o concerto que o grupo deu o 19 de maio de 2010 nesta sala compostelá, para presentar Galician carraxe on garaxe. A obra recolle 22 temas propios e mais unha versión de Radio Océano, e foi gravada pola Radio Galega e emitido no programa Planeta Furancho. O grupo pon agora na rede o traballo íntegro para a súa descarga de balde como un agasallo de reis.

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Sala Capitol, Reis, Radio Galega, Radio Océano...