NAO envía Cartas no caderno

Un único concerto o 26 de abril presentará o traballo en Compostela

10/4/2014 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Logo de rematar a xira de Cancións de amor de liberdade NAO presenta un traballo especial. Cartas no caderno é un EP que o grupo pon en libre descarga no seu web no que se poden escoitar temas propios canda a versións de temas como Os vampiros de José Afonso ou Je veux de Zaz, sempre co ton social das súas letras e co apoio de colaboradores como Mini da Quenlla en Acción galega. Logo dun descanso de varios meses, o grupo presentará o traballo nun único concerto o 26 de abril na compostelá sala Capitol que pretenden sexa unha festa para os seus seguidores. No recital a banda estará contará con Vicky Polard como acompañantes.

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Nao, Sala Capitol, Santiago de Compostela

Claves

Entidades