Ruxe Ruxe explora un mundo apocalíptico en Némesis

A banda presenta o seu novo traballo cun concerto na Sala Capitol o 12 de abril

18/3/2014 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Un traballo conceptual que repasa a historia dalguén que esperta no medio dunha terceira guerra mundial que se manifesta na forma de crise económica. Tres actos nos que se repasan o crime, a corrupción, a rebelión e a falta de saídas. Ruxe Ruxe centra o seu novo traballo, Némesis, na problemática social a través da ficción. A sala Capitol de Compostela acolle o vindeiro 12 de abril a presentación do traballo, nun concerto no que os Ruxe estarán acompañados de Biribirlocke e que presentará Josito Porto.

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ruxe Ruxe, Sala Capitol, Guerra, Santiago de Compostela

Claves

Conceptos