Dous álbums virtuais marcan o comezo musical de 2010

Nouvelle Cuisine e Dr Gringo presentan na rede os seus últimos traballos

4/1/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

O ano 2010 comeza con dous discos presentados directamente na rede. En concreto, a banda coruñesa Nouvelle Cuisine optou por este sistema para presentar La guerra del volumen, que recolle seis temas novos ademais dunha versión, e que se pode baixar do seu web. O disco editarase tamén en formato CD como os anteriores traballos do grupo e foi gravado, mesturado e masterizado por Estudios Abrigueiro, Friol (Lugo) na primeira semana de novembro de 2009 baixo a produción de Arturo Vaquero. Ao tempo, os composteláns Dr. Gringo publican tamén vía Internet o que é o seu primeiro álbum, unha gravación en directo recollida na Sala Capitol de Santiago. Live at Capitol pódese descargar íntegro cos seus 22 temas e de balde a través do MySpace da banda de psychobilly.

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Guerra, Internet, Sala Capitol, Lugo

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares