Ulrica canta desde a Periferia

Catro longos temas compoñen o debut en formato longo da banda da coruña

17/3/2014 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Catro temas, dous dos cales foron gravado ao vivo no estudio nunha única toma. Esta é a aposta que presenta Ulrica en Periferia traballo longo que acaban de publicar. O grupo coruñés afonda no seu rock experimental con temas longos cargados de referencias á actualidade, a integrar voces como a do filósofo Gilles Deleuze ou declaracións de Obama e Mariano Rajoy nos temas. O volume, gravado nos estudios Abrigueiro a cargo de Arturo Vaquero, marca o paso ao castelán do grupo logo do seu debut no EP Ulrica. Rock con tintes experimentais e toques de denuncia preséntase cun son traballado e unha voz máis rasgada no que no EP de debut da banda.

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rock

Claves

Conceptos