Vörtex consolida a súa carreira con Architects of Misfortune

O grupo de metal pontevedrés achega doce temas no seu flamante álbum

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Vörtex consolida a súa carreira con Architects of Misfortune

Jacobo Sainz, Víctor García, Marcos Rodríguez e Jonathan Portela, Vörtex, continúan no seu camiño para se facer un oco no mundo da música desde Pontevedra. Dous anos despois do seu debut discográfico, acaban de presentar Architects of Misfortune. O volume recolle doce novos temas de metal alternativo no que mesturan influencias, toques de trash con momentos melódicos, e que ven a luz logo dunha exitosa campaña de crowdfunding. O álgum foi gravado por Iago Pico nos estudios Pousada de Ames.

Que che parece esta nova?
58 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Iago Pico, Pontevedra, Ames

Claves

Protagonistas
Lugares