Enki continúa o seu camiño no metal con Red Oak

O grupo pontevedrés presenta o seu segundo disco en Vigo o 8 de outubro

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Enki continúa o seu camiño no metal con Red Oak

Apenas un ano e medio despois do seu debut discográfico, os pontevedreses Enki atacan de novo. O cuarteto mantén nos dez temas de Red Oak a súa aposta por un son contundente con ritmos acelerados en coordenadas que transitan entre o groove metal e o death metal melódico. O álbum, autoeditado, gravouse no estudio vigués Planta Sónica e saiu á venda o pasado 15 de setembro. A sala Transylvania de Vigo acollerá o vindeiro oito de outubro un concerto da xira de presentación do traballo, co grupo acompañado por Salavelatoria.

Que che parece esta nova?
84 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vigo

Claves

Lugares