Furious Monkey House confírmanse con Love, scum & dust

A banda pontevedresa presenta o seu segundo álbum de estudio

16/9/2019 | Santiago. Redacción | Seccións: música
34 lecturas | Compartido 0 veces

A afondar a súa aposta polo rock de guitarras, a banda pontevedresa Furious Monkey House presentaba o pasado venres 13 de setembro Love, scum & dust, o seu segundo álbum de estudio. Cinco anos despois do seu debut con Run, e coa incorporación dun segundo mono furioso, o grupo achega nove temas nos que mantén a súa esencia rockeira cun son máis complexo e achegamentos ao indie-rock británico ou ao rock alternativo estadounidense. Publicado por Universal Music Spain, Esmerarte y Atresmúsica, o álbum gravouse nos Estudios Bonobo e Planta Sónica entre decembro de 2017 e agosto de 2018, e presentouse con dous singles, Echoes e Lluvia, que con No lo ves é o primeiro tema cantado en español do conxunto.


Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
Claves temáticas
Entidades