Furious Monkey House escurece o seu son con Oneiric

A banda está en plena xira de promoción do seu terceiro álbum de estudio

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Furious Monkey House escurece o seu son con Oneiric

A banda pontevedresa Furious Monkey House está en plena xira de presentación do seu novo álbum Oneiric. Neste seu terceiro traballo, o grupo evolúe cun son no que combina o rock dos 90 con propostas que se achegan ao synth pop sen abandonar o peso das guitarras e achegando texturas máis densas e escuras ás súas propostas, a incorporar reverbs e sons atmosféricos.

Nas súas influencias, a banda lista nomes como FKA Twigs, Telefon Tel Aviv, The Cure, Tame Impala, Björk, Sonic Youth ou Portishead. Segundo a cantante Mariña Paz, o álbum, "é probablemente o máis honesto e o que máis nos representa neste punto das nosas vidas. Aceptamos o camiño que aínda nos queda por percorrer, tropezamos, dubidamos, sentímonos sós ou perdidos, observamos ao noso arredor e tentamos facer a viaxe o máis agradable posible".

Logo de presentar o álbum en Pontevedra, A Coruña e Donosti, o grupo continúa xira por Mayorga (28 de abril), Valladolid (12 de maio), Benavente (13), Madrid (19), Albacete (20) e Vitoria (21). A final deste mes de abril está a chegar ás tendas a edición física do álbum en formato vinilo de edición limitada, editado por Esmerarte. O traballo gravouse entre os estudios Planta Sónica de Vigo e Bonobo de Pontevedra, con produción de Iago Lorenzo e do baixista Gonzalo Maceira.

Que che parece esta nova?
65 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Crô! achegan Pera

Crô! achegan Pera

O grupo estrea a xira do seu terceiro traballo na sala Iguana de Vigo o vindeiro día 28

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pop, Rock, Gonzalo Maceira, Pontevedra...