Malkeda volta con Cumulonimbo

A banda inicia en Laracha a xira de presentación do seu novo traballo

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Malkeda volta con Cumulonimbo

O día oito de abril saía á luz Cumulonimbo, o terceiro traballo de longa duración dos pontevedreses Malkeda. A banda achega doce novos temas nos que continúa a súa exploración do NU Metal e que saen á luz grazas a unha exitosa campaña de crowdfunding. Nesta ocasión o grupo conta con colaboracións como as de Loko23 (Delahoja), o triatleta Javier Gómez Noya ou Alberto Cereijo de Los suaves entre outros. O álbum gravouse nos estudios Planta Sónica II, Villa Angelina e Zoilo Unreal Studios de Vigo. A Sala Aquilón de Laracha, o día 15, e a Malatesta Compostela o 21 son as primeiras paradas na xira de presentación.

Que che parece esta nova?
70 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vigo, A Laracha, Santiago de Compostela