Dous anos despois do seu Matança Eta Filhoak!, Liviao de Marrao presentan o seu segundo álbum de estudio. Que cada cão lamba a sua caralha dábase a coñecer o pasado venres cun concerto na compostelá Sala Capitol. O grupo achega doce novos temas "nos que prima a mistura de punk, ska e rock com um sentimento de arroutada e de rebeldia que é a herança do bravú em galego" no que os habituais instrumentos de metal, guitarras e percusión súmanse outros menos comúns neste estilo como o violÃn e a gaita. O álbum, autoeditado e gravado nos estudios Pousada Son, inclúe curiosidades como a versión dunha cantiga de amigo de Johám de Requeixo, xograr do século XIII.