O disco de Luar na Lubre ao vivo xa está nas tendas

É o primeiro álbum en directo desta formación

1/4/2009 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Logo da presentación oficial de onte, o novo disco de Luar na Lubre, Ao vivo, está xa dispoñible. Baixo este título, o grupo presenta un dobre CD e mais un DVD documental nos que se recollen as súas actuacións no Teatro Colón da Coruña os días 22 e 23 de xaneiro. Canda a temas habituais do grupo, inclúense colaboracións con artistas coma Luz Casal, Diana Navarro ou Pedro Guerra. Luar na Lubre comeza agora a xira de presentación do álbum, con citas en Madrid, Donostia ou Ageda xa confirmadas.

Que che parece esta nova?
69 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Luar, Luar na Lubre, Luz Casal, Guerra...