Luar na Lubre presenta o seu novo disco e inicia xira na Coruña

Camiños da fin da terra

8/10/2007 | Redacción. MeGA | Seccións: Música
Compartir:

Con “Camiños da fin da terra”(Warner Music) a formación liderada por Bieito Romero acada o décimo disco da súa carreira musical. O álbum sairá a venda o vindeiro día 23 de outubro presentarse nas instalación da Fnac da Coruña ese mesmo día; contén catorce cancións inspiradas nas tradicións, lendas, paisaxes e personaxes que conforman a identidade galega e a súa ascendencia celta. Luar na Lubre dará o seu primeiro concerto oficial da xira de presentación de “Camiños da fin da terra” no Teatro Colón da Coruña o día 25 deste mes seguindo despois polo resto do Estado e en Alemaña. A banda folk xa adiantou o seu primeiro videoclip do disco, a canción “Os Animais”, unha popular melodía de orixe irlandesa cunha letra de inspiración bíblica adaptada neste caso polo poeta Xabier Cordal.

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con A Coruña, Luar, Luar na Lubre, Bieito Romero...