Un tema de Luar na Lubre forma parte do proxecto musical “Love the Earth” da Expo de Aichi

Terra Universal

14/7/2005 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
A canción Terra, incluída no disco “XV Aniversario” de Luar na Lubre, foi seleccionada para estar incluída no CD do programa musical preparado pola Exposición Universal de Aichi, en Xapón, que ten como lema “A sabedoría da Natureza”. O grupo galego achega así un tema dos dezasete que compoñen o álbum “Love the Earth” e no que comparte disco con artistas como Loreena McKennitt, Eric Clapton, Youssou N’Dour ou The Corrs, entre outros. O disco inclúe a letra en galego e en xaponés. Os representantes do grupo están en negociacións para levar a Luar na Lubre a actuar proximamente nalgún dos festivais de música celta que se fan anualmente no Xapón.

Máis información no sitio de Luar na Lubre
e no sitio web da EXPO de Aichi

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Luar, Luar na Lubre, Xapón, Natureza...

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares