Luar na Lubre gaña nos Premios da Música e Giselle Grau faise co de Excelencia Musical

Premios sonoros

4/4/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

A edición deste ano dos Premios da Música tivo a Luar na Lubre como grande gañador entre os galegos. O grupo fíxose co premio de música tradicional por “Camiños da fin da terra”, co que tamén obtivo o de mellor canción en galego. Pola súa banda, Luz Casal levou o premio á mellor canción con “Soy”. A coincidir con este evento, a Coruña acollía onte a entrega dos Premios á Excelencia Musical que convoca a Fundación Paideia e mais a Consellaría de Educación. Giselle Grau, estudante de piano no Conservatorio Superior de Vigo foi a gañadora do primeiro premio.

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Luar, Luar na Lubre, Luz Casal, Educación...